Esta nova entrada no blog elaboróa en resposta á petición de Anxo que quere mellorar o seu conto e non sabe moi ben como facelo. Os demais tamén estabades moi dubidosos e non vos convencían moito os vosos contos por iso aquí vos vou deixar enlaces que podedes visitar e ler consellos, pautas, guías...para chegar a ser.... un perfecto escritor!! Espero que vos gusten!
Consellos e pautas para escribir un bo conto!
(pincha enriba da imaxe)
Vídeos onde explican como escribir un texto narrativo e tamén as partes do mesmo
Como escribir un conto
As partes dunha historia narrativa
Lectura de contos online
Páxina web na que podedes ler máis de 600 contos online!! Inclusive videocontos e audiocontos! Non vos parece fantástica esta idea?
Empregarémola para a media horiña que dedicamos polas tardes á ler algún destes fantásticos contos. Parécevos ben esta idea?
Elaboración de historias/contos online.
Atopei 2 aplicacións online que me pareceron fantásticas! Serven para elaborar un conto dixital. Ao longo desta semana e aproveitando que estamos a traballar a paz faremos un conto relacionado coa paz.
Déixovos os enlaces por se queredes botarlle un vistaciño!
Storyjumper: desenvolve a creatividade e a escritura mediante o uso das novas tecnoloxías. É unha feramenta para desenvolver a escritura de historias e a creatividade. Permite crear e inclusive publicar un libro (online ou de tapa dura)
Storybird: é unha ferramenta divertida que serve para crear e compartir contos en línea. Ofrece unha gran cantidad de imaxes para empregar nas diferentes páxinas do conto a elaboar.
O luns 30 de xaneiro celébrase o día internacional da paz e da non violencia.
Nós no cole imos cantar todos xuntos a seguinte canción:
Somos la nueva semilla del futuro, de la vida
Somos los nińos que cantan por la paz y la esperanza
Somos la nueva semilla del futuro, de la vida
Somos los nińos que cantan por la paz y la esperanza
Dáme la mano, vamos todos a sońar con la paz
Dáme la mano, vamos todos a sońar con la paz