Ola rapaces! Aquí vos deixo os
vídeos que estivemos a ver na clase. Así podedes velos as veces que
queirades :)
“O vendedor de fume”
É unha curtametraxe de animación que nos conta a historia dun vendedor ambulante que chega ata unha pequena aldea para venderlles unha nova experiencia nas súas vida. Ao principio os aldeáns non están emocionados coa nova visita, pero pouco a pouco, e grazas ás artimañas que pon en marcha o vendedor, conseguirá atraer toda a súa atención.
"For the birds"
A convivencia, é o que dicimos ao referirnos a vivir con outras persoas, sempre dende un marco de tolerancia e respecto polos demais. Supón a nosa capacidade de vivir cos demais, de socializar.
Non somos seres illados, vivimos en sociedade, o interactuar con outras persoas axúdanos non soamente a nosa saúde mental senón tamén física. Pero isto non sempre é fácil, as diferencias nas costumes ou crenzas poden afectar as nosas relacións. É por iso que o respecto e a solidariedade son fundamentais á hora de facilitar as nosas relacións persoais.
Nesta curtametraxe aparecen diversos paxaros nunha corda que se mostran inquedos ante a chegada de outro de aspecto diferente. Hai que tratalo distinto polo feito de non ser igual?

"The present/el regalo"
É unha curtametraxe alemana que gañou máis de 50 premios en distintos festivais de cine do mundo. A súa conmovedora historia fainos reflexionar sobre a importancia das cousas sinxelas, e da aceptación e o amor propio. Os seus creadores, o instituto de animación da Academia de Cine de Baden- Württemberg, decidiron que despois de tantas xiras e premios, era momento de compartir esta pequena e preciosa historia con todos.
Espero que vos gustasen!!!
Hola son Anxo ,o video de For the birds da moita risa sobre todo cando os paxaros perden as plumas
ResponderEliminarMola moito
ResponderEliminarOla o dos pájaros mola moitl
EliminarEse e oque mais mola
EliminarA min gustanme todos ,sobre todo o de For the birds
EliminarVin todos os vídeos
ResponderEliminarMais eu
EliminarPon a cancion do apalpador
EliminarQue éxito chicos estas curta etraxes. Intentarei subir máis! Boa fin de semana.
ResponderEliminar