Nesta nova entrada no blog cólgovos as páxinas web nas que estivemos
traballando un pouco na clase sobre a separación das palabras en sílabas e tamén algunha cousiña máis que me pareceu interesant.
O venres imos celebrar o día mundial contra a violencia de xénero pois coincide co 25 de novembro que é a data na que se conmemora. Estas son algunhas das propostas que imos traballar na aula:
Como podedes observar tendes varios mapas dos ríos de España e de Galicia.
Hai mapas cos nomes para que poidades repasar, un mapa mudo por se queredes imprimilo e estudar con el na casa e tamén varias páxinas onde podedes comprobar se memorizastedes ben!.
Espero que vos gusten!!
MAPAS COS NOMES DOS RÍOS: para repasar
MAPA MUDO: podedes pinchar enriba del, gardalo no voso ordenador e imprimilo as veces que queirades.
APRENDO XOGANDO: páxinas web para comprobar se o aprendín ben.
Ola rapaces! Aquí vos deixo os
vídeos que estivemos a ver na clase. Así podedes velos as veces que
queirades :)
“O vendedor de fume”
É unha curtametraxe de animación que nos conta a historia dun vendedor ambulante que chega ata unha pequena aldea para venderlles unha nova experiencia nas súas vida. Ao principio os aldeáns non están emocionados coa nova visita, pero pouco a pouco, e grazas ás artimañas que pon en marcha o vendedor, conseguirá atraer toda a súa atención.
Unha curtametraxes para pensar
e descubir como “non é ouro todo o que reloce”
"For the birds" A convivencia, é o que dicimos ao referirnos a vivir con outras persoas, sempre dende un marco de tolerancia e respecto polos demais. Supón a nosa capacidade de vivir cos demais, de socializar. Non somos seres illados, vivimos en sociedade, o interactuar con outras persoas axúdanos non soamente a nosa saúde mental senón tamén física. Pero isto non sempre é fácil, as diferencias nas costumes ou crenzas poden afectar as nosas relacións. É por iso que o respecto e a solidariedade son fundamentais á hora de facilitar as nosas relacións persoais. Nesta curtametraxe aparecen diversos paxaros nunha corda que se mostran inquedos ante a chegada de outro de aspecto diferente. Hai que tratalo distinto polo feito de non ser igual?
"The present/el regalo"
É unha curtametraxe alemana que gañou máis de 50 premios en distintos festivais de cine do mundo. A súa conmovedora historia fainos reflexionar sobre a importancia das cousas sinxelas, e da aceptación e o amor propio. Os seus creadores, o instituto de animación da Academia de Cine de Baden- Württemberg, decidiron que despois de tantas xiras e premios, era momento de compartir esta pequena e preciosa historia con todos.